- Este evento pasou.
Recreación Historica Romana
Xullo 19 @ 12:00 – Xullo 20 @ 12:00

Os días 19 e 20 de xullo celebrarase unha recreación histórica romana no xacemento de Aquis Querquennis, no concello de Bande. Participarán varias asociacións vinculadas a iniciativas de acontecementos históricos: Recreadores de Galicia, Legio III Macedonica e Antiqvi Mores.
O sábado 19, pola mañá, os militares realizarán exercicios e marchas. Ás 13:00 horas, haberá unha degustación de papas de avea, bucelatum e posca.
A poboación civil participará: costura, ungüentos, pocións, velenos, cosméticos, pinturas, etc.
Pola tarde, os militares participarán na vida do campamento e nunha exhibición de gladiadores. A poboación civil continuará coas mesmas actividades que pola mañá. Pola noite, o campamento iluminarase con farois e terá lugar unha cerimonia relixiosa na porta do Pretorio.